mércores, 24 de maio de 2017

Casa Vilamide (gal)

CASA VILAMIDE
Lugar de Vilamide, Parada das Achas
36887 A Cañiza (Pontevedra)

casavilamide@gmail.com
+34 606774522


Antiga casa de pedra con encanto, ubicada no val do Deva, na Cañiza. Consta de cuarto dobre con baño e un salón con lareira e sofá-cama, cociña con comedor. Totalmente equipada. Biblioteca, patio propio, xardín, terraza con grella, punto de lectura, TV, internet, lavadora. Inicio da ruta PR G-165. Próximo á raia con Portugal (Melgaço a  8km Parque Natural Peneda-Gerês) Posibilidade de rutas guiadas e deportes de aventura.








A Contorna
Desde CASA VILAMIDE podes...

-Realizar a ruta PR G-165 Fragas e Levadas do Calvo e Deva. Precisamente onda a casa xúntanse estes dous ríos. Son 18 km pero con derivación para acurtalo. Ruta circular. Dificultade media. Ruta fluvial que atravesa un bosque de sobreiras, poldras, levadas, arquitectura popular, nacemento de augas caldas (Río caldo-Calvo) Riqueza medioambiental e paisaxística. Camiño Real e Camiño dos Defuntos. Máis info aquí!
  

 -Visitar O TORGO; A parroquia de Parada das Achas ten desde cotas de montaña e zonas de ribeira, Casa Vilamide aséntase na zona máis baixa e protexida, próxima á aldea do Torgo onde podemos facer unha visita a unha adega para coñecer un dos principais produtos traballados na zona; o viño feito con uva albariña, loureira e treixadura.  O Torgo tamén ofrece cursos de linguas estranxeiras e aloxamento; máis info aquí!

-Excursións pola zona; desde Casa Vilamide dámosche toda a información sobre as múltiples excursións de un día. Estas son algunhas propostas: Vilas da raia (Melgaço-Monçao-Valença do Minho), Parque Natural da Peneda Gerês, Ribadavia e O Ribeiro, Tui e o Baixo Miño, Vigo, Ourense... Máis info na propia casa (tamén temos folletos e unha sección de guías na nosa biblioteca)

-Turismo Balnear; Vilamide incita ao relax e a gozar coa auga, así é que non moi lonxe da casa podes mergullarte en augas termais. Hai propostas moi distintas, consúltanos! Podes visitar as "Caldas" da beira portuguesa (Melgaço, Monçao) ou a área de Prexegueiro (Ribadavia-estilo oriental) así como as numerosas pozas e praias fluviais da zona.

-Deportes; Casa Vilamide é unha boa opción para os amantes do sendeirismo, ademais das Fragas e Levadas do Calvo e Deva podes facer outras rutas coma o Sendeiro da Moura. A zona é óptima para os amantes da BTT e para saír a correr. Na Cañiza temos instalacións máis sofisticadas (piscina, pistas deportivas) en Melgaço (Complexo Desportivo e de Lazer) Para os amantes do deporte de aventura están no lugar indicado para facer ráfting, kayak, hidrospeed,  ou barranquismo, así como actividades de animación tipo paintball ou hípica. Vaguada aventura ou Arrepións serán os teus aliados!

-Gastronomía; Non podes visitar a zona sen probar determinados produtos como o famoso xamón da Cañiza. Desde Vilamide poderás iniciar varias rutas gastronómicas coas que probar os mellores produtos da terra así como a cociña portuguesa. Temos varias propostas para ti, a ver cal que gusta máis!

Prezos e ocupación
A continuación podes visualizar o noso calendario de ocupación
O prezo por noite é de 70€ para dúas persoas (con IVE) e inclúe o almorzo. A casa pode acoller unha terceira ou cuarta persoa, pero cun incremento de 15€ cada un. É posible alugar só unha noite pero por 80€.
A garantía de reserva é dun 30%, o resto págase en man na entrada á casa.
Pódesnos escribir a casavilamide@gmail.com ou chamar sen compromiso
(606774522 - 615390795)
---- Libre
---- Fin de semana
---- Ocupado

Calendario facilitado por Toprural para Casa Vilamide

3 comentarios:

  1. Nuestra estancia en Casa Vilamide ha sido de lo más encantadora, se encuentra en un enclave paradiríaco en el entorno de los ríos Calvo y Deva, siguiendo el curso de estos se pueden realizar rutas de senderismo rodeadas de paisajes con una exhuberante flora autóctona.
    La casa en sí es muy cómoda, está perfectamente equipada con detalle, además Rafa, el dueño, que es una persona amable y cercana, puso a nuestra disposición todo lo que necesitábamos en cada momento.
    En resumen, un remanso de paz ideal para desconectar del estrés.

    ResponderEliminar
  2. Recomendable 100%, a la casa Vilamide no le falta un detalle, todo nuevo y comodísimo y en un entorno único: ríos, bosques, árboles frutales por todas partes, naturaleza y paz absoluta, perfecto para nuestro peque y para nosotros. Gracias a los dueños, Rafa y Manuel, nos hemos sentido como en casa, gente hospitalaria, amable y discreta. Seguro que repetimos. Un 10.

    ResponderEliminar